A regueifa galega sitúase moi próxima ao cantar ao desafío dos seus irmáns do Miño, aínda que estes empregaban máis a zanfona que a concertina, un instrumento que se introduce en Portugal no século XIX.
Constitúe unha cantiga improvisada na que dúas ou máis persoas versan unha disputa sobre un tema determinado e intentan obter o maior aplauso do público. A regueifa, un tipo de bolo de pan, dá nome a esta forma de expresión musical, xa que esta competición era habitual durante as vodas, onde o vencedor era premiado con esta peza de pan.
No Miño, a tradición do cantar ao desafío nunca perdeu espazo e actualmente trátase dun gran reclamo, con novos cantareiros e cantareiras, en festivais, festas e romarías.
Á súa vez en Galiza, por mor da perda do uso da lingua galega nunha sociedade marcada polo abandono do rural, o xénero da regueifa case desaparece. A recente revalorización da cultura tradicional provocou o rexurdimento deste patrimonio inmaterial, mais deixou o espazo das romarías, festas e vodas. Os novos e novas intérpretes son mozos ilustrados, marcados polos estilos de vida urbanos.
bibliografia
- Smart Minho. (2020b, febrero 4). Cantiga, festa e romaría. http://smartminho.eu/cantiga-festa-e-romaria/
- Asociación ORAL de Galicia. (2018, 13 enero). «ORAL, algo máis ca verso improvisado» (Documentario sobre a Asociación ORAL de Galiza, 2007) [Vídeo]. YouTube. https://www.youtube.com/watch?v=Uf7qop4ktTs
- Ramom Pinheiro e Sergio de la Ossa. (2017). Repente galego. DEPUTACIÓN PONTEVEDRA.