Cada ano, as rúas céntricas de Ponteareas amencen o domingo de Corpus tapizadas de espectaculares alfombras florais sobre as que pasará a procesión do Santísimo Sacramento. Centos de veciños colaboran toda a noite na creación do que resulta en máis de un kilómetro delas. A tradición, que ten máis de 150 anos de antigüidade, continúa grazas á voluntariedade popular na que participan nenos e maiores, cada un cunha misión, mais todos co propósito de rematar antes das nove da mañá do domingo.
A procesión vai facendo paradas en varios altares e é bañada por unha chuvia de pétalos lanzados dende os balcóns, nun dispendio de colorido ao que o público asiste emocionado dende as beirarrúas. Ao remate da mesma, a beleza e o valor artístico das alfombras esvaécese, e só queda a súa testemuña nas fotografías que toman os milleiros de espectadores.
En xuño de 2023, a declaración do Corpus Christi de Ponteareas como “Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial” entrou na súa fase decisiva, sendo as alfombras florais o elemento clave deste recoñecemento.
bibliografia
- Maruja Pino Piñeiro, "El Corpus de Puenteareas en su Historia" , 1991