Sistema de pesca fluvial practicado hai máis dun milenio polas comunidades da ribeira do río Miño. As pesqueiras son construcións en pedra que saen das marxes ao leito do río onde se situan dúas artes de pesca: o boteirao e a cabaceira. Os saberes foron transmitidos de xeración en xeración e mostran un profundo coñecemento da natureza, do espazo ecolóxico do río e a adaptación da técnica á especificidade do entorno. A importancia das pesqueiras permea noutras áreas da comunidade como celebracións comensais ao redor do peixe capturado, prácticas de xestión do territorio e sociabilidades transfronterizas dos pescadores de ambas partes do río.
Os primeiros documentos sobre a construción das pesqueiras datan da Idade Media. Nesta época, a posesión das mesmas estaba ligada aos mosteiros e ás casa feudais, sendo as lampreas unha forma de pago de certos impostos.
Hoxe en día, as pesqueiras forman parte dun réxime de propiedade de herdeiros. O máis habitual é que sexan propiedades colectivas, onde sempre hai unha persoa legalmente responsable que exerce como patrón.
bibliografia
- Pesqueiras: Concello de Arbo. (s. f.). https://www.concellodearbo.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=114
- https://asneves.gal/turismo/que-ver/patrimonio-cultural/
Créditos da imaxe destacada
Helena Imperadeiro | https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/