O Camiño Portugués ten tres variantes: o Camiño Portugués do Interior, o Camiño Portugués da Costa e o Camiño Portugués Central, sendo este último coñecido habitualmente como o Camiño Portugués.
A peregrinación xacobea a partir de Portugal, aínda que presuntamente xa existise na época da Alta Idade Media, intensifícase a partir da independencia do país a mediados do século XII. Desde entón, o culto xacobeo e a peregrinación a Compostela, considerada como unha das marcas de identidade da cultura europea, tiveron en terras lusitanas unha proxección moi importante. Durante séculos, o pobo portugués contribuíu desta experiencia colectiva con altos niveis de participación, sempre apoiado con singular fortuna polo exemplo de reis, nobres e altos clérigos. Abonda con lembrar que a maior parte da rede viaria de Portugal foi testemuña, desde o século XII ata aos nosos días, do camiñar de peregrinos orixinarios dos diversos núcleos poboacionais do país ata a meta compostelana. As súas motivacións eran primordialmente relixiosas. No entanto, grazas a este denso e secular fluxo de persoas que poboaron os camiños de Santiago creados entre Portugal e a Galiza, establecéronse tamén fecundos lazos de intercambio cultural, económico e de pensamento.
bibliografia
- Caminho Português. (s. f.). Associação Portuguesa Dos Amigos Do Apostolo Santiago (APAAS). https://apaasportugal.wordpress.com/
- https://www.caminodesantiago.gal/documents/17639/896633/CamioPortugus?version=1.1
- http://www.amigosdelcamino.com/attachments/article/143/CaminocentralPortugues.pdf
Créditos da imaxe destacada
www.visitepontedelima.pt