A finas do século XIX (1883) e seguindo unha corrente imperante na Europa da época, comezaron a xurdir os coros tradicionais, entre eles “Aires da Terra” na cidade de Pontevedra. Está considerado como o primeiro dos denominados “coros galegos tradicionais” que proliferaron nos inicios do século XX. Grazas en parte ao impulso dado desde as Irmandades da Fala, consideráronse ferramentas útiles para dignificar, valorizar e reforzar a identidade cultural de Galiza e da súa lingua propia. En todo o país creáronse multitude de orfeóns tradicionais. Así, en 1916, fundouse no Balneario de Mondariz o coro Agarimos da Terra. Tamén no 1914 Toxos e Froles (Ferrol), en 1916 Cantigas da Terra (A Coruña) no 1919 A Ruada (Ourense) e no 1921 Cantigas e Agarimos (Compostela), por citar os que aínda se manteñen activos a día de hoxe, formando o grupo coñecido como Coros Galegos Históricos. A actividade de Agarimos da Terra (Mondariz) cesou posiblemente co inicio da guerra civil española do 1936. Retomouse cando a piques de cumprirse o centenario da súa fundación, no ano 2015, un grupo de veciños e veciñas dos concellso de Mondariz-Balneario e de Mondariz crearon unha nova agrupación de música coral galega tradicional que retomou a tradición e o nome de Agarimos da Terra, agrupación que se mantén e ten como obxectivo a recuperación da memoria da agrupación histórica.
bibliografia
- Bernárdez, C., Faro, R., & Rodríguez, F. (2021). A música e Mondariz: historia, personaxes e agrupacións. Dos Acordes.
- Da Terra, A. (2019, 23 julio). O NOSO CORO. https://coroagarimosdaterra.blogspot.com/2019/07/o-noso-coro.html