Usos sociais, rituais e actos festivos
Manifestacións musicais e relacionadas
Mondariz
Ponteareas
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Nadal, Aninovo, o día de Reis e o día de San Xulián (7 de xaneiro).

No sur de Galiza consérvanse tres danzas de Reis asociadas aos denominados “Ranchos de Reis”. Estes ranchos de reis interpretan catro danzas diferentes, dentro das consideradas danzas brancas:

Danza de castañolas e danza de palitroques: ambas acompañados de pezas de madera de buxo (castañolas ou paus) que os danzantes fan soar mentres executan a danza.

Danza de fitas: os bailaríns danzan xirando arredor dun pau mentres suxeitan unha fita amarrada á punta dun poste e as fitas van sendo trenzadas sobre o poste mentres os bailaríns desenvolven a danza.

Danza de arquiños: os danzantes bailan xunguidos ás súas parellas por un pau en forma de arco decorado con fitas de cores debuxando figuras e entrelazando os arquiños de diferentes xeitos.

Ademais destas danzas, os bailaríns adoitaban a pechar a representación bailando a xota, o valse, a muiñeira e a ribeirana.

bibliografia

  • Portal do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. (s. f.-b). http://ronsel.uvigo.es/index.php?option=com_rsgallery2