O entroido é unha festa moi popular en toda Galiza, con tinguiduras particulares e diferenciadas entre as diversas localidades. No Concello do Rosal celébrase a festa do Entroido nos barrios de Fornelos e Novás, onde destacan varias actividades tradicionais organizadas polas comisións de festas.
O domingo “gordo”, domingo anterior do entroido, realízase a “subida do maio en Novás”. O maio é un enorme tronco de piñeiro desramado e limpo de cortiza que se adorna con flores e froitas sobre un manto de pólas de “buxo” suxeitado con lazos de vimbia. Unha vez limpo e adornado, este enorme tronco de piñeiro ízase entre toda a veciñanza.
O luns ten lugar a “Corrida do Galo de Fornelos”. Trátase dunha competición na que os participantes, chamados “xinetes’ e montados en burro deben tentar romper unha pota de barro que contén ao galo axudados de paus de madeira. O galo é representado agora cunha figura de papel.
O martes pola tarde celébrase a tradicional “frixidela”, festa popular que reúne a numerosos participantes e na que se preparan no mesmo “torreiro” – na praza central de Fornelos – tortillas de ovo caseiro con chourizo.
bibliografia
- SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA SAGA. (2013, 1 marzo). Toño Vázquez: O Entroido en Pontevedra.