Usos sociais, rituais e actos festivos
Ritos colectivos
Salceda de Caselas

En Salceda celébrase un dos entroidos máis antigos da provincia que mantén desde 1888 (data da primeira proba documental) a loita entre dous barrios da mesma parroquia: A Feira e Castro Barreiro. Trátase de dous pequenos barrios que son quen de organizar sendas verbenas o luns e o martes, en torreiros apenas separados por uns poucos metros, para competir por teren as mellores orquestras, a iluminación máis vistosa, o son máis potente, etc.

O martes de entroido, festivo local en Salceda, as carrozas e as comparsas destes dous barrios vense as caras no centro da vila despois de meses de duro traballo no máis absoluto dos segredos, durante os cales funciona o servizo de espionaxe para obter datos das temáticas e contidos do barrio rival. Todo é rivalidade: os traxes, a música, as coreografías, as carrozas, a potencia do son, etc.

Este entroido tradicional complétase cada ano coa programación municipal, na que destaca o desfile de carrozas e comparsas que se organiza na tarde do domingo, e que acolle a centos de participantes que amosan o seu traballo ante milleiros de persoas polas rúas da Esfarrapada.

bibliografia

  • culturagalega.org. (2018, 9 febrero). Salceda, A Xironda ou Mazaricos avanzan na recuperación de entroidos tradicionais. A Coruña recolle nun libro a historia do seu Entroido ata 1882. http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=28349
  • Entroido | Salceda de Caselas. (s. f.). http://salcedadecaselas.gal/turismo/festas/entroido/
  • Roma Tébar. (2018, 8 febrero). Salceda recupera elementos de su Entroido tradicional. Atlántico. https://www.atlantico.net

Créditos da imaxe destacada

Antigo rancho de Entroido de Salceda. AC A Feira | https://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/deed.en