Usos sociais, rituais e actos festivos
Ritos colectivos
Monção
Día do Corpus Christi

Os habitantes do concello de Monção celebran todos os anos, coincidindo coas festas do Corpus Christi, o lendario combate entre San Xurxo e a Coca, un ser mitolóxico con corpo de dragón. A loita comeza despois da procesión do Corpo de Cristo, e ten lugar na praza de Deuladeu, nome que evoca á heroína que conseguiu que as forzas castelás erguesen o cerco disposto sobre aquel lugar. Os asistentes forman un círculo en torno ao dragón e ao cabaleiro ata que San Xurxo vence á Coca cortándolle unha orella e introducíndolle unha lanza na gorxa. Esta tradición representa a supremacía do ben sobre o mal e encóntrase intimamente ligada ás loitas pola soberanía nacional.

bibliografia

  • Folclore PT. (2023, 7 enero). Festa da Coca em Monção – Alto Minho. https://folclore.pt/festa-da-coca-em-moncao/
  • González Montañés, J. I. (2007). La Coca o Tarasca en Galicia. Revista Del Círculo Internacional de Amigos de Los Gigantes, no 14, 12-17. https://www.academia.edu/16120748/La_Coca_o_Tarasca_en_Galicia
  • González Pérez, Clodio (2006). “A coca de Monção (Portugal)”, Pontevedra. Revista de Estudios Provinciais.

Créditos da imaxe destacada

Câmara Municipal de Monçao