A Festa das Rosas é unha manifestación relixiosa que transcorre na segunda fin de semana de maio na freguesía de Vila Franca, concello de Viana do Castelo e que envolve a toda a súa poboación nunha celebración do ciclo de inicio da primavera. Tamén é un rito de paso das raparigas á idade adulta, recorrendo, para iso, ao culto á Señora do Rosário. Nel transportan na cabeza pesados obxectos de arte floral comunmente denominados “cestos floridos”, elaborados con toda sorte de materias vexetais. As raíces desta tradición perdéronse no tempo, mais está documentada dende 1622. A entrega de flores á “Señora das Rosas” (Señora do Rosario) polas mordomas que completan dezanove anos ata o día da festa, supón unha implicación constante e anual a toda a comunidade da aldea que culmina nunha gran romaría.
bibliografia
- ARAÚJO, José Rosa, 1935, «Os Cêstos de Mordomas», in "Alto Minho", I, Viana do Castelo, pág. 91-94
- BARBOSA, Filipe da Cunha, 1758, «Memórias Paroquiais», ANTT, pág. vol. 40, m. 215, fls. 1291-129
- LIMA, Floriano, 2003, «Os cestos floridos de Mordoma da Festa das Rosas — Algumas achegas para a história da sua evolução», in "Festa das Rosas", Viana do Castelo, Comissão da Festa das Rosas, pág. 29-35
- QUESADO, António, 1952, «A “Festa da Rosas” em Vila Franca do Lima (Viana do Castelo)», in "Mensário das Casas do Povo", n.º 71, ano VI, Lisboa, Junta Central das Casas do Povo, pág. 10-11