Usos sociais, rituais e actos festivos
Festividades cíclicas
O Porriño
3 de Febreiro

A festa de San Brais de Budiño é unha tradición de moitísimos anos, tantos que é difícil saber en que data comenzou a celebrarse. A existencia da capela de San Antonio, onde se atopa a imaxe de San Brais, consta dende 1528. Cada ano, un dos seis barrios que forman a parroquia de San Salvador de Budiño é o encargado de organizar as festas.

Hai unha tradición que fai peculiares estas celebracións e é o desfile de ramos, espadanas e andores. Segundo contan os máis vellos do lugar, este desfile formaba parte de case todas as festas dos arredores, pero pouco a pouco, esta tradición foise perdendo, sendo o de San Brais o único desfile deste tipo que pervive. Os ramos son pólas de loureiro adornadas con coloridas flores de papel, monecas e roscóns. As espadanas e os andores son triángulos de madeira, recubertos de tea e tamén adornados con flores, monecas e roscóns. A diferencia entre as espadanas e os andores é que as espadanas teñen unha soa cara es os andores constan de tres caras triangulares, con forma de pirámide. As flores danlle un colorido excepcional ao desfile, anticipo dunha ansiada primavera aínda por vir. Á chegada ao recinto de festas os roscóns eran subastados entre a xente que alí se atopaba. Un dos ramos é reservado para entregarllo o último día das festas á comisión entrante, encargada de organizar as festas o vindeiro ano.

bibliografia

  • O Tranvía. Número 10. Outubro/Decembro 1994. (2011, 1 mayo). https://issuu.com/faximil/docs/1994-otranvia-10
  • V. (2023, 7 febrero). San Brais de Budiño. http://valdolouro.blogspot.com/2012/02/san-brais-de-budino.html

Créditos da imaxe destacada

www.atlantico.net