O lanzo da cruz recrea a antiga práctica dos lances de cruz que cada luns de Pascua se celebraban a ambas marxes do último treito do Río Miño. O ritual congregaba a toda a comunidade que, tras o paso do párroco coa cruz polas casas, baixaba ao río para asistir á beizón das barcas e das redes.
As raíces deste ritual remóntase a varios séculos atrás e contén unha rica escenografía xa que o cura sobe na barca acompañado polos demais barqueiros e, ante a atenta mirada da veciñanza, bendice as redes en busca de boa pesca. O trato era que a pesca do primeiro lance era o seu pagamento. Tamén nese día, beizoábanse as barcas e os barqueiros para que o “Miño non cobre o seu foro”. A romería, dado que era compartida polas comunidades de ambas marxes, levaba consigo un encontro no medio do río entre ambos relixiosos e barqueiros.
Na actualidade o ritual continua realizándose tal e como foi transmitido polas xentes do lugar. Leva consigo un achegamento entre a veciñanza de ambas marxes que nese día cruzan a Galiza e a Portugal, respectivamente, nunha mostra de amizade e reivindicación da cultura raiana.
bibliografia
- Alonso, Eliseo: Los ríos de Pontevedra, ed. Federación Española de Pesca y Actividades Acuáticas, nº13,1966
- Martíns, A. (2011). Lanzo das Imaxes
- N., & Imaxens, L. D. (s. f.). Entender o Lanzo – Lanzo Da Cruz