Conta a lenda que nunha noite do ano, a danza dunha moura encantada facía que as cagalletas dunha cabra se convertesen en ouro. Con el regalaba fartura da que disfrutar aos habitantes todo o ano, e estes agradecíanllo aos deuses tocando gaitas e tambores, comendo carne de porco, bebendo viño baixo o orballo ata o raiar do novo día, para ver bailar o sol cunha cunca de caldo na man.
A Asociación Cultural Amistade de Rebordechán propúxose crear unha festa onde poder encaixar o legado cultural e castrexo das lendas da aldea; unha festa onde os asistentes puideran bailar e divertirse ao son da música tradicional. Deste xeito naceu a Noite da Moura, unha festa tipo serán que viu a luz no ano 2009, e que ten xuntado nunha noite a máis de vinte grupos de música.
bibliografia
- A Noite da Moura. Festas de Rebordechán - O Tempo da Aldea. (s. f.). http://otempodaaldea.com/festa/gl/10/a-noite-da-moura
- A Noite da Moura. (s. f.). http://www.rebordechan.com/?p=7031
Créditos da imaxe destacada
www.rebordechan.com