A princesa Contrasta era a herdeira dun reino con capital en Valença. Un día o reino foi atacado por un príncipe mouro que, ao vela, quixo casar con ela. Como o pai de Contrasta xa era vello, non puido enfrontar o seu inimigo e acabou refuxiándose no seu xardín, onde morreu de pesar. A natureza, que daquela era moito máis activa e compasiva do que é na actualidade, acompañou a dor daquel rei, ata o punto de que as flores, ao caer, convertíronse en pedras que ocultaron o seu corpo e nunha poderosa muralla.
O príncipe vencedor, furioso por non atopalo, acabou matando á irmá máis nova de Contrasta. Os berros angustiosos dela fixeron aparecer a súa irmá que, pola súa banda, tamén foi asasinada ao carón dunha árbore. A filla menor, por vontade dos paxaros, transformouse na Porta do Sol. A fermosa Contrasta, porque ía ser raíña, recibiu como premio a coroa que encabeza a Porta da Coroada.
O maléfico príncipe asasino, como castigo polos terribles actos cometidos, foi arroxado ao fondo do monte polas forzas da natureza, transformado no río Miño e condenado a pedir eternamente perdón ás súas vítimas.
bibliografia
- Lenda da Porta do Sol. (s. f.). https://www.altominho.pt/pt/viver/lendas-e-tradies/lenda-da-porta-do-sol/
- Lenda da Porta do Sol – Valença. (2018, 5 abril). https://senteahistoria.com/2018/04/05/lenda-da-porta-do-sol-valenca/
Créditos da imaxe destacada
www.visitavalenca.com