A Serra d’Arga está toda ‘poboada’ de lendas e feitos fantásticos.
Érase unha vez un rei visigodo chamado Evígio que tiña unha única filla chamada Eulalia. El prometéraa en casamento cun guerreiro chamado Remismundo, mais ela amaba a un mozo chamado Égica. Entón os dous decidiron fuxir xuntos lonxe do reino de Evigio.
Perseguidos por un exército, conseguiron refuxiarse nun mosteiro da serra do Medúlio, onde casaron en segredo coa axuda do monxe Frei Gondemaro. Despois dun tempo, o monxe retornou ao matrimonio coa noticia de que o rei Evígio estaba disposto a perdoalos se Eulalia lle daba un neto varón. Volveron ao pazo real despois do nacemento do seu fillo e decidiron visitar a serra onde casaran.
A serra, chamada Agro por Eulália, pasou a chamarse pola xente Serra de Arga, por un erro de pronuncia, e mantívose ata a actualidade, sendo coñecida pola súa beleza e fertilidade.
bibliografia
- Campelo, A. (2002). Lendas do Vale do Minho. Valença: Edição Associação de Municípios do Vale do Minho.
- Coutinho, A. (2015) Ditos, contos, lendas e... serra D'Arga. Viana do Castelo: Edição da Fábrica Paroquial de Nª Sr.ª. de Fátima.
Créditos da imaxe destacada
www.altominho.pt