Os romanos crían que entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos había unha fronteira. Esa fronteira era o río Lethes, tamén chamado río do esquecemento porque as súas augas tiñan o efecto de borrar a memoria, facendo esquecer todo o que acontecera na vida. As almas dos mortos reuníanse á beira do río, agardando por beber un trago de auga, e só entón subian á barca que os levaría á outra marxe.
No ano 136 a.C. un exército romano comandado por Décios Junos Brutos fixo moitas conquistas no territorio que hoxe é Portugal. Os soldados cruzaron o Texo preto da illa de Almourol, despois o Zêzere, o Mondego, o Vouga e o Douro sen ningún problema. Mais por algún motivo descoñecido, cando se aproximaron ás beiras do río Lima, quedaron aterrorizados e negáronse rotundamente a cruzar aquelas augas, porque estaban convencidos de que aquel era o río Lethes, o río do esquecemento que conducia ao mundo dos mortos.
Brutos non conseguía convencelos do contrario. Entón, para dar exemplo, atravezou ao outro lado, levando consigo apenas o estandarte coas águias, que era o símbolo do Imperio Romano. Ao chegar á outra beira, acenou e berrou que estaba vivo e que non se tiña esquecido de nada. Só entón os soldados decidiron seguilo.
bibliografia
- G. (2020, 23 junio). Lenda do Rio Lima – Rio Lethes | Ponte de Lima. https://folclore.pt/lenda-do-rio-lima/
- Lenda do Rio Lima. (s. f.). https://www.altominho.pt/en/viver/lendas-e-tradies/lenda-do-rio-lima/
- PINHO LEAL, Augusto Soares d'Azevedo Barbosa de Portugal Antigo e Moderno , Livraria Editora Tavares Cardoso & Irmão, 2006 [1873] , p.Tomo IV, p. 93
Créditos da imaxe destacada
Gabriel González | https://creativecommons.org/licenses/by/2.0/