Tradicións e expresións orais
Concepcións míticas e lendarias
Arcos de Valdevez
As Neves
Ponte da Barca
Ponte de Lima

Nos tempos antigos era costume que os homes foran coas mulleres embarazadas facer o bautizo da medianoite. A parella ía de noite con algúns familiares á ponte sobre o río Lima. A muller tiña que estar coa gravidez ben avanzada. Un familiar ficaba á espreita no camiño na entrada da ponte, para cando viñese unha persoa, pedirlle para “facer unha alminha cristiá” (ser o padriño no bautismo da medianoite). Se a persoa aceptaba, entón ía para a beira da muller e esperaba pola medianoite. Non podía pasar pola ponte, durante ese momento, ningún can ou gato xa que ficaría todo desfeito e terían que volver outro día.

Despois, o padriño collía auga do río e facendo unha cruz na barriga da muller, dicía: “Eu bautízote, en nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo” E non dicía o nome do neno. O nome só era dito polo pai despois, na pía do batismo da igrexa. O meniño ou a meniña xa estaba así bendicido pola auga do batismo e, “se Deus quixese”, nacería ben e con saúde.

Na parte galega atopamos unha lenda moi similar ligada á Ponte da Senra en As Neves. A lenda desta ponte conta que toda muller grávida, cando teña un embarazo complicado, para poder levalo adiante, terá que ir á ponte a deitarse baixo dela ata que pase un home e unha muller, que posteriormente serán os padriños do neno ou da nena e terán que baixar botarlle auga sobre o abdome. A cada lado da ponte debe colocarse algún familiar para non permitir que ningún animal, xa fose paxaro, can ou gato, pase por riba, xa que en tal caso a muller abortaría.

bibliografia

  • Os Baptizados da Meia-Noite. (s. f.). AltoMinho. https://www.altominho.pt/pt/viver/lendas-e-tradies/os--baptizados-da-meia-noite/
  • Franco, O. (2022, 2 marzo). Ponte da Senra. http://patrimoniogalego.net/index.php/69758/2015/02/ponte-de-a-senra/
  • VIANA, António Manuel Couto Lendas do Vale do Lima , Valima, Associação de Municípios do Vale do Lima, 2002 , p.80-82