As festividades da Samana Santa teñen unha longa tradición nas comunidades cristiás do Alto Minho. Son moitos os momentos do ciclo pascual que concentran a atención dos crentes. En Vila Nova de Cerveira, a Santa Casa da Misericordia organiza as celebracións e ten, no xoves santo, o seu punto álxido coa procesión do Ecce Homo, onde destaca o famoso “Canto da Verónica”.
A personaxe bíblica, que relata unha muller que limpa o rostro ensanguentado de Cristo de camiño á crucifixión, é aquí asumido por unha moza sobre a que recaen todas as atencións. Ela é o centro da performance ritual e asume esa centralidade. Ao longo do percurso, o “Canto da Verónica” sacraliza todo o espazo da vila. A moza seleccionada (a cal pode repetir varios anos a súa performance, no caso de que lle sexan recoñecidas as cualidades de canto para iso) é colocada no centro dos eventos. Sabe que ten ese papel principal e prepárase para el. Malia non ser moito texto a cantar, a dimensión dramática e o ambiente que envolve a performance reforza a tensión que se vive no momento. A Verónica é a personaxe viva entre as personaxes bíblicas, porque ten que interferir e lembrar a todos o que está a pasar: a dor que ve e que todos deben ver; o acontecemento marcante da humanidade ao que non poden ficar alleos os transeúntes, os que alí acoden ou lles pasa desapercibida a performance.