Tradicións e expresións orais
Concepcións míticas e lendarias
Mondariz Balenario

En tempos remotos existiu unha tribo asentada na zona do monte Landín (onde se atopa o castro de Troña), gobernada por un xefe cruel ao que lle chamaban “Demo” que dominaba con saña a todos os membros da tribo e practicaba todo tipo de abusos sobre as mulleres. Nunha ocasión, cando o Demo durmía profundamente nas abas do monte Landín, un grupo de mulleres fartas dos seus abusos decidiron acabar con ese sometemento e abalanzándose sobre el inmobilizárono e amputaronlle os xenitais, que soterraron naquel mesmo lugar. Ao día seguinte, no lugar emerxeu un gran penedo dunha feitura semellante ao órgano amputado que todos acabaron coñecendo co nome do “Carallo de Demo” denominación que perdurou até os nosos días.