Forma dialectal do galego falada exclusivamente na localidade de Goián, en Tomiño. Atualmente, poucos habitantes de esta área continúan falándoo. Caracterízase pola ditongación dalgunhas vogais, isto é, a transformación dunha delas. Como ocorre no caso de “vello” no que o e deriva en ie “viello”. Presenta unha localización espacial con límites recoñecibles e estables e a súa supervivencia basicamente oral limita que existan textos onde poder estudalo, o que dificulta a súa conservación. De aí que cada falante sexa un tesouro a conservar. A orixe desta forma de fala non está clara, aínda que atualmente hai dúas hipóteses. A máis coñecida sinala a influencia dos colonos leoneses e asturianos afincados na zoa na Idade Media. Por outra banda, estudos nos últimos anos abogan por considerar que se trata dunha ditongación recente, orixinada só neste lugar e dentro do propio sistema lingüístico galego.
bibliografia
- Pousa Ortega, H. (2004). A ditongación goianesa. Unha evolución particular do /E/ tónico galego. En: "A lingua galega: historia e actualidade" (vol. 4, 383-392). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
- Smart Minho. (2020, 4 febrero). A lingua: o goianés. http://smartminho.eu/o-goianes/
Créditos da imaxe destacada
www.smartminho.eu