Usos sociais, rituais e actos festivos
Atividades lúdicas
O Porriño
Sábado de Entroido

O xogo da ola é un xogo popular celebrado no Entroido e data de 1944. Consiste nunha roda de seis ou máis persoas que fan voar olas de cerámica entre elas procurando que non escachen. No caso de que rompan a persoa culpable paga unha multa e bebe viño. Hai dúas figuras que controlan o xogo: o árbitro e a madriña. O primeiro dictamina de quen foi a culpa de que se rompera cada ola e sitúase sobre unha escada adornada con flores de mimosa. A madriña é a encargada de cobrar as multas e tamén das aportacións do público asistente.

Como elementos peculiares, ademáis das olas, hai que reseñar os disfraces choqueiros dos xogadores e o árbitro, coas caras enferruxadas, a ola do viño quente con azucar onde beben cando o manda a madriña e as mimosas que engalanan o lugar.