Saberes e técnicas tradicionais
Concepcións e prácticas maxico-relixiosas
Viana do Castelo
Terceiro domingo de Maio

Incluída no ciclo das festividades florais no mes de abril, maio e xuño, temos a gran Festa da Santa Cruz, na freguesía de Alvarães, concello de Viana do Castelo. Distínguese polos seus belísimos andores floridos. Cada lugar da freuguesía únese no traballo e na arte, confeccionando un andor en honra ao santo que lle está atribuído, utilizando elementos vexetais e florais. Catorce andores e catorce cruces transfórmanse en fondos policromados dos que sobresaen monumentos e personaxes. Festa de grande cariz relixioso, pola fe que expresa no misterio da cruz, é tamén a ocasión para celebrar a arte da comunidade de Alvarães, o seu patrimonio cultural e a súa identidade.

A arte dos andores

A exuberancia e calidade da arte presente nos andores floridos testemuñan saberes experimentados e artes tradicionais adquiridas ao longo de xeracións. Sexa nos arcos floridos, sexa nas alfombras triunfais, o que acontece no traballo de decoración floral dos andores, onde os “quadros” exixen pericia e precisión, difíciles de conseguir co material utilizado, é a proba de que xunto coa transmisión de saberes ancestrais está tamén a aprendizaxe recente no dominio de técnica e materiais novos. É un saber xa consolidado e perfeccionado cada ano. Mais é un saber dinámico e desafiante, como se pode constatar en observación directa. Os máis novos aprenden cos experimentados, mais engaden e desafían con combinacións atrevidas de cores e de formas. Entrar na Igrexa Matriz e pasar polo seu centro, ladeado polos andores alí colocados, é ter a experiencia dunha estética emocionante. Os andores cativan pela exuberancia da cor e da forma, facendo do templo sagrado un xardín de arquitecturas do fantástico, mais todas converxentes para a louvanza da santa cruz. Por iso, no día e hora da procesión, cando saen á rúa e son observados por unha enorme multitude de admiradores e devotos, importa aos mordomos e construtores esa admiración, mais importa todavía máis o ter cumprido a tradición e levar polos camiños da aldea a súa arte como expresión da súa fe. A cruz da morte é, agora, a cruz da vida e as flores testemuñan esa transformación.