Saberes e técnicas tradicionais
Actividades transformadoras
Covelo

O territorio galego conta cun importante patrimonio apícola cereiro. A apicultura tradicional feita nos cortizos, covos ou trobos (colmeas tradicionais de Galiza) consistía en grandes producións de cera de abella. Este produto era transformado e aproveitado a través de pequenas industrias fundamentalmente de carácter rural. Existen elementos patrimoniais de enorme interese asociados aos diferentes procesos cereiros froito da importancia desta actividade en moitos lugares do interior galego.

O vello oficio da ceraría tivo unha importancia considerábel en Covelo. Durante séculos os cereiros elaboraron candeas, exvotos e bloques de cera, que os levou a unha especialización aínda hoxe visíbel nun numeroso legado etnográfico. Na actualidade existe un centro de interpretación – Favum, o lugar da cera – onde os visitantes teñen a oportunidade de ollar polo miúdo todo o relacionado co oficio dos borreiros. Desde o limiar orixinado nas pequenas “fábricas de cera” que son as abellas melíferas, até os distintos procesos da cera: a obtención da materia prima, a elaboración da cera amarela no lagar, o branqueo da cera, a fabricación de candeas e exvotos, e a súa comercialización.

bibliografia

  • Apiturismo en Galicia. (2022, 14 noviembre). https://apiturismogalicia.gal/gl/apiturismo/
  • Rdez., C. D. D. &. (2015, 30 junio). El patrimonio apícola cerero en Galicia. https://www.campogalego.es/el-patrimonio-apicola-cerero-en-galicia/

Créditos da imaxe destacada

www.montesparanhos.com