Saberes e técnicas tradicionais
Corpo, vestiario e adornos
Alto Minho portugués

O “lenço dos namorados” representa un compoñente fundamental da arte e a cultura popular portuguesa. Esta forma poética e artística era utilizada polas mozas do Miño que alcanzaban a idade de casar. Constituído por un cadrado de liño ou algodón que a moza bordaba ao seu gusto, esta prenda formaba parte da vestimenta típica feminina e tiña unha función fundamentalmente decorativa.

Ademais, tamén tiña a de conquistar ao “presunto namorado”. A moza, ao achegarse á idade de casar, bordaba o seu lenço a partir dun pano de liño fino ou dun lenço de algodón. Despois de bordado ía a mans do “namorado” e decidíase o inicio dunha relación amorosa en función de se o usaba publicamente ou non. Por tanto, os lenços levan consigo os sentimentos amorosos revelados a través de diversos símbolos amorosos como a fidelidade, o compromiso e a amizade. Os erros ortográficos que a miúdo se atopan nos textos dos lenços antigos explícanse polas características da pronuncia miñota transcrita fonéticamente por quen tiña un dominio imperfecto da escritura do idioma portugués. Decenas de exemplares destes lenços chegaron ata os nosos días, algúns traducindo fenómenos sociais significativos como a emigración a Brasil que se rexistrou ao comezo do século XX e afectou especialmente ao Miño: “Meu Manel bai pro Brasil / Eu tamém bou no bapor / gardada no coraçon/ Daquele qué meu Amor”

bibliografia

  • Norogrando, R., & Broega, A. C. (2012). Espaço aberto: O lenço de namorados. dObra[s] – revista da Associação Brasileira de Estudos de Pesquisas em Moda, 5(12), 10. https://doi.org/10.26563/dobras.v5i12.85
  • Favaro, C. E., (2011). OS LENÇOS DE NAMORADOS. TRADIÇÃO, CULTURA POPULAR E AFETIVIDADE. Fronteiras: Revista de História, 13(24), 151-168.

Créditos da imaxe destacada

www.cm-stirso.pt