Cultura marítima e fluvial
Pesca e acuicultura
O Rosal

O oficio de percebeira é unha das artes pesqueiras máis importantes da cultura e tradición do Rosal. É un traballo arriscado e difícil, pero que moitas mulleres galegas teñen realizado ao longo do século XX. Elas teñen un coñecemento profundo do mar e da costa. Todas son parte da súa comunidade e teñen un sentido de pertenza á mesma. Cada percebeira usa unha soa ferrada coa que apaña as piñas de percebe. Coa ferrada en man pódese extraer o animal desde terra (na ribeira) ou desde o mar (nas pedras de fóra, ás que soamente se pode acceder cunha chalana). Esta é unha forma de vida que precisa ser comprendida e recoñecida para que as tradicións e coñecementos que xiran ao redor dun oficio único poidan continuar sendo transmitidos ás xeracións futuras.

 

bibliografia

  • Pérez A. C. (1996): El percebe en Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, Aula del mar.
  • Alonso Población, Enrique. O mar é femia: riesgo y trabajo entre los pescadores de una villa costera gallega. [Recurso electrónico]. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Subdirección General de Documentación y Publicaciones, 2014