Usos sociais, rituais e actos festivos
Manifestacións musicais e relacionadas
Mondariz
O Porriño
Salceda de Caselas
6 de Xaneiro

Os ranchos de reis son grupos de músicos e danzantes que percorren os lugares o día cinco e seis de xaneiro pedindo o aguinaldo e bailando toda a noite ata a mañá de Reis. Nalgunha parroquia, o día de Reis comézase bailando dentro da igrexa diante da Virxe para despois acompañala en procesión. A danza e o toque da gaita no interior sobreviviron ao longo dos séculos ás prohibicións das autoridades que as consideraban unha profanación. Antes de empezaren coas danzas en cada lugar, interprétanse os cantos de reis.

As danzas de reis encádranse dentro das danzas brancas, polo seu vestiario, música e coreografía. Hai danzas de reis de paus, de castañetas, de arcos e de fitas.

Os traxes son maiormente desta cor, con sombreiros adornados con espellos, plumas e teas de cores e cun pano dobrado a xeito de banda cruzando o peito. As mulleres poden levar moitos colares e xoias. Por exemplo, en Salceda de Caselas a dama, interpretada por unha meniña, leva moitas xoias prestadas das familias ricas e por iso vai con dous homes escoltándoa. Noutros lugares os pantalóns son curtos e vermellos.

bibliografia

  • Camafeita, Olga (2010). "Cantar de reis". Dicionario da música popular en Galicia (PDF). Rinoceronte editora.
  • Gómez Macias, Ignacio Portela (2018). "A nosa música. Achegándonos á tradición. O Nadal". Eduga: revista galega do ensino (76).
  • Que é? II. (s. f.). https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1517917971/contido/tema4/que__ii.html