Usos sociais, rituais e actos festivos
Festividades cíclicas
Viana do Castelo
18, 19 e 20 de Agosto

Desde 1744 venérase en Viana do Castelo á Virxe da Agonía, invocada polos pescadores para que o mar lles sexa benigno. Remítese a 1772 onde unha orde rexia autorizou a realización dunha feira franca na cidade, nos días 18, 19 e 20 do mesmo mes. Desde entón, a romaría da Señora da Agonía converteuse nunha das máis belas, alegres e grandiosas festas populares de Portugal.

Varios cortexos animan os tres días das festas, acompañados por moita música e por xente que viste os máis belos traxes tradicionais do Miño. O desfile dos “majordomos”, acompañado de foguetes e bandas de música, saúda á Comisión das Festas e aos máis altos representantes da cidade. Rematan na Praza da República na que as “zambombas” fan vibrar os seus enormes bombos e desfilan os “Gigantones “, enormes e estrañas figuras que fai máis de cen anos viñeron de Santiago de Compostela para animar a Romaría da Agonia. Tambén se produce o cortexo etnográfico, con carros que lembran os costumes dos traballos do Miño, da terra e do mar, constituíndo un auténtico museo vivo de etnografía. Por outra banda, a procesión do mar simboliza a profunda vinculación da cidade co elemento que forxou a súa historia e parte da súa supervivencia.

A imaxe da Señora da Agonía, co seu manto violeta e azul, é embarcada nunha traiñeira entre foguetes e o repenique das campás, para bendicir o mar e que sempre sexa xeneroso co sustento. A embarcación que leva á Virxe navega entre un cortexo de centos de barcos que locen banderines nos mastros, regresando ao final do día á súa capela barroca, que permanece coas portas abertas para a devoción.

bibliografia

  • Festas d’Agonia 2020. (2022, 21 marzo). Festas d’Agonia — A Romaria. https://festasdagonia.com/a-romaria/
  • MEMÓRIAS DA ROMARIA D’AGONIA. (s. f.). https://www.memoriasdaromaria.pt/
  • Romaria Sra. d’Agonia. (s. f.). https://www.vianafestas.com/pt/eventos-e-romarias/romaria-sra-da-agonia

Créditos da imaxe destacada

www.memoriasdaromaria.pt