É difícil situar con absoluta precisión a data de inicio da romaría e das festas na honra de S. Bartolomeu. O máis seguro é dicir que foron coetáneas da construción da capela de San Bartolomeu na segunda metade do século XVII.
Durante seis días, a vila encarna unha intensa semana de tradicións, usos e costumes xenuínos desta comarca, como a gastronomía, o folclore, as concertinas, os cantares ao desafio, a feira das tasquinhas e da artesanía, a feira do liño ou os xogos tradicionais, entre moitas outras actividades. Pero o cartel grande das festas de S. Bartolomeu ten lugar na noite do 23 de agosto co desfile e actuación das rusgas polas rúas da vila, arrastrando multitudes e prolongando a verbena durante toda a noite.
A noite do 23 é o momento alto da romaría, onde os grupos que se forman son os protagonistas da noite dedicada aos bailes e cantigas populares. A través de concertinas, bombos, cavaquinhos e outros instrumentos tradicionais, desfilan as rusgas, fórmanse rodas de músicos, báilase o vira e cántase á desgarrada no medio da rúa. Durante a tarde desta xornada ten lugar o desfile etnográfico co mellor das tradicións da comarca e a presentación dun conxunto de ciclos dos usos e costumes locais.
O día 24 de agosto é consagrado ás festas relixiosas na honra de San Bartolomeu, onde a grandiosa e solemne procesión ocupa o punto principal, coa participación de todas as parroquias cos seus santos máis representativos. Para pechar a festa, uns momentos únicos proporcionados polos ecos dos espectáculos de explosión de luz e cor dos fogos artificiais.
bibliografia
- Morango, H. (2017). Ó meu S. Bartolomeu : memórias de dias de festa. Ponte da Barca Munícipio.
- Romaria de São Bartolomeu. (s. f.). https://romaria-saobartolomeu.pt/romaria/
Créditos da imaxe destacada
www.romaria-sanbartolomeu.pt