Usos sociais, rituais e actos festivos
Ritos colectivos
Ponte de Lima
Véspera do día de Corpus Christi

A tradición da ‘Vaca das Cordas’ é unha manifestación cultural, tauromáquica, que estivo desde sempre ligada ás celebracións relixiosas do Corpo de Deus, levándose a cabo na véspera do festivo litúrxico. As principais arterias de Ponte de Lima e o extenso areal bañado polo río Lima son o escenario desta festividade. A carreira comeza na rúa do Arrabalde seguindo en dirección á Praza da Matriz, onde o touro é prendido á varanda de ferro da xanela da Torre das Campás para o tradicional “baño” de viño tinto, lanzado sobre os cornos e o lombo do animal, cumpríndose tamén a tradición de dar tres voltas rituais á Igrexa Matriz. A carreira prosegue polas rúas do Centro Histórico até o areal, onde miles de persoas tentan “fintar” o animal ou simplemente asistir a este espectáculo popular. A tradición ten sido interpretada como un xogo de respecto entre homes e touro, co touro representando a forza e o home representando a intelixencia. Algúns autores buscan a simboloxía da Vaca das Cordas na antiguidade, como nos rituais exipcios ou cultos dionisíacos dos romanos. Hoxe en día o que realmente está presente na corrida é a diversión, a alegría, a afirmación da coraxe e o ridículo da insensatez.

bibliografia

  • Campelo, A. (2007). Património Imaterial de Ponte de Lima. Município de Ponte de Lima.
  • Ponte de Lima. (s. f.). Home. https://www.pontedelimacultural.pt/patrimonio-pag.asp?t=paginas

Créditos da imaxe destacada

Amândio da Sousa Vieira | https://www.pontedelimacultural.pt/patrimonio-subpag.asp?t=paginas&pid=2041&mpid=2028