Os cesteiros constituíron un dos oficios máis importantes da comarca mondaricense e, coma outros gremios, tiñan unha xerga específica. A súa fala ten un importante valor lingüístico. Estes profesionais utilizan unhas xergas específicas para comunicárense sendo capaces de impedir o acceso ao seu saber aos non iniciados. A transmisión dos saberes especiais de oficio tamén aparece unida, ás veces, a uns modos de reprodución do emprego, así se explica que algúns oficios se transmitan soamente aos familiares. Esta lingua agochada era para estes homes un sinal de identidade que lles confería unha diferenciación co resto das persoas, aportándolles un plus de autoestima e por tanto unha certa sensación de seguridade no marco socio-laboral no que tiñan que desenvolver os seus traballos; ademais, e non menos importante, proporcionaba unidade entre os membros do colectivo. Trátase dunha xerga que estudaron de forma pormenorizada autores coma Enrique Peinador ou Fermín Brouza-Rey.
bibliografia
- Gomes, J. (2007). Relaçons lingüísticas entre gírias gremiais e os argots dos ámbitos sociais marginais. Agália: Publicaçom Internacional Da Associaçom Galega Da Lingua, 91, 65–81
- Bouza Brey, F. (1922-1954). Os cesteiros galegos de Mondariz e a súa fala gremial, Homenaje a Fritz Krüger, Mendoza, Universidad de Cuyo, vol II (1954) 403-435
- Peinador, E. (1922). Vocabulario dos cesteiros de Mondariz. Nós, Ano III (Número 11)
- Pintor, V. X. (2004). Tal Era Vivir / Such Was Life: OS Vellos Oficios III (Edicion Literaria) (Galician Edition) (edición). Edicións Xerais.
Créditos da imaxe destacada
Cesteiros de Mondariz, 1933 | Foto: Solá (Galiza Agraria)