Cultura marítima e fluvial
Pesca e acuicultura
A Guarda
Tecer e arranxar as redes cando volvían do mar era, e segue a ser, un traballo maioritariamente feito por mulleres: as redeiras. Estas persoas realizan un labor tradicional, manual e altamente cualificado que se desenvolve desde a aparición das redes e continúa a facerse, con moitos cambios, a día de hoxe. Os barcos que chegan a porto descargan as redes deterioradas e recollen aquelas que xa foron reparadas para volver saír pescar. Sen a actividade das redeiras, os labores de pesca non se poderían levar a cabo e é, hoxe en día, unha das actividades tradicionais relacionadas co mar que aínda se conservan con vitalidade.
bibliografia
- O Peirao, Redeiras artesás. (s. f.). https://www.redeirasdegalicia.org/gl/artes
Créditos da imaxe destacada
www.redeirasdegalicia.org