A Festa do Monte de Santa Trega, coñecida coloquialmente como Festa do Monte, é unha festa popular galega que se celebra a segunda fin de semana de cada mes de agosto no Monte de Santa Tegra, na localidade da Guarda, Pontevedra.
A orixe desta festa remóntase a comezos do S.XX. A festa como hoxe se coñece iniciouse no ano 1912, coa creación da Sociedade Pro-Monte de Santa Trega, co fin de revitalizar as celebracións relixiosas da ermida, reforestar o monte e construír unha nova estrada de acceso ao mesmo. Durante a construción da estrada de acceso á ermida, descubríronse os importantes restos do Castro de Santa Tegra.
A festa ten unha duración de sete días: de luns a venres hai eventos musicais, actos culturais e deportivos no que participa a comunidade. O sábado celébrase o tradicional desfile polo centro da Guarda. Nel, pódense observar grupos con diferentes traxes rexionais, grupos de gaitas e folclóricos e as bandas mariñeiras cos seus toques dos bombos, das caixas e das gaitas. Estas bandas son de tradición familiar e o número de integrantes varía dunha a outra. Cada unha ten unha cor que a representa e un toque diferente para distinguila. O domingo é o chamado “Domingo do monte”. As bandas mariñeiras, familias e visitantes soben ata o Monte Santa Tegra para celebrar a romaría. Cada quen das familias e bandas ten o seu lugar onde tocan, comen e beben todos xuntos. Despois de comer é o momento da xura, onde os participantes prometen voltar o ano seguinte. A xura é unha declaración de fidelidade á banda, sobre todo os mariñeiros, xa que xuran por poder volver o ano seguinte. Tamén é unha protección que lles permita non perder a vida no mar e voltar cada ano á romería para facer cumplir co ritual. Perto das sete da tarde as bandas comezan a baixar cara o Montiño. Alí xúntanse todas para despedir a festa.
bibliografia
- Otero, C. A. R. (s. f.). Festas do Monte. https://www.festasdomonte.com/Portal/
- Wikiwand - Festa do Monte. (s. f.). Wikiwand. https://www.wikiwand.com/gl/Festa_do_Monte. Consultado o 17 de Xaneiro de 2023.
Créditos da imaxe destacada
www.turismoaguarda.es