Usos sociais, rituais e actos festivos
Concepcións e prácticas maxico-relixiosas
Covelo
Segundo domingo de Maio e último de Agosto

A romaría da Xestosa celébrase en San Salvador de Prado o segundo domingo de maio e o último domingo de agosto. Segundo a tradición, o día da romaxe os romeiros mollan na auga un anaco de pan, que levan expresamente para este ritual, e logo aplícano sobre a parte do seu corpo que desexan curar. Esta crenza realízase pola consideración popular de que o sarcófago pertenceu a un santo e a auga procede do nacemento do río que alimenta toda a bisbarra: o río Tea.

Finalizado o apartado relixioso, os veciños da parroquia gozan dunha comida campestre mentres que os visitantes adoitan comer nos postos existentes de polbo, churrasco ou sardiñas.

bibliografia

  • Covelo, P. V. |. (2014, 31 mayo). El agua milagrosa de A Xestosa. Faro de Vigo. https://www.farodevigo.es
  • Concello de Covelo. (s. f.). http://concellodecovelo.es/?sec=34

Créditos da imaxe destacada

www.galiciamaxica.eu